No Club de Lectura, non podemos estar máis contentas este ano. A semana pasada deron comezo as nosas reunións e vimos cargadas de novas propostas e ideas para que este curso 2018-2019 sexa ben proveitoso para as nosas incansables lectoras, grandes e non-tan-grandes-aínda. No curso pasado, falamos sobre a guerra, sobre os mundos máis incribles e disparatados, sobre a vida das mulleres. Lemos novela, banda deseñada, ensaio, poesía,... Falamos sobre os nosos libros favoritos, estrenándonos como locutoras intrépidas na Radio Estrada. Recibimos visitas ben agradables, con petiscos incluídos, e descubrimos o fabuloso universo dos xogos de taboleiro... E que nos espera este outono? Novos talleres, novas lecturas, o Vermú Lector, o noso té das cinco, novas visitas inesperadas e actividades ben interesantes nas que participar todas ao longo do calendario... E ti, que aínda non participas no Club... De verdade cres que ler é aburrido?
Nas nosas reunións lectoras, a imaxinación é a chave . A Casa das Letras énchese de cores e de ledicia, de reflexións e de conversas. De aroma a té. Tamén, de novas e novos membros (o pasado sábado 11, estreamos dous grupos: Primeir@s Lector@s e Xuvenil) a quen damos unha calorosa benvida a esta familia que medra e medra! E é que xuntarnos arredor dos libros é unha experiencia grata e chea de vida . Así, no grupo de INFANTIL , falamos sobre a Diversidade, sobre como colaborar nos achega e nos une, e que todos os puntos de vista son importantes para debatir e construír. E para iso, guiámonos pola fabulosa historia dos Sete Ratos Cegos , de Ed Young. E mentres conversamos, creamos un novo arco-da-vella de animaliños e criaturas cas nosas máscaras de pratos de papel... O grupo de ADULTAS achégase este mes ás obras de dúas poetas galardoadas co noso "Avelina Valladares": Silvia Penas e o seu "Diario de ladras, bailarina