Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

Primeiros pasos

Xa quedan só catro días para que dean comenzo os clubs de lectura. Reunirémonos o venres día 4 de Marzo pola tarde, por volta das 17.30h, na Casa das Letras para conversar un anaco e coñecernos. Pero ata entón, supoñemos que teredes un montón de preguntas sobre como poder participar, cales son as datas e horarios das sesións, os libros e actividades que se propoñerán cada mes... Non vos preocupedes. Aquí vos van algunhas respostas. 1. En primeiro lugar, a idade mínima para ser membro dos clubs é 8 anos. Non hai idade máxima. Segundo isto, debedes escoller entre o club de lectura ao que pertencedes e que pode ser o club infantil (de 8 a 11 anos), o club xuvenil (de 12 a 15 anos) ou o club adulto (de 16 anos en diante).  2. Decidido xa o grupo no que apuntarvos, debedes solicitar a vosa praza para poder participar como membros. Para iso, deberedes encher a ficha de inscrición que atoparedes no Departamento de Cultura do Concello, onde tamén recollerán o voso impreso e tomará

Lendo cos 5 sentidos...

Cando abrimos un libro, unha sensación de incerteza e curiosidade invádenos. A promesa de formar parte dese pequeno universo que alenta entre a pasta de papel tómanos da man e camiñamos polas súas páxinas, traspasamos as marxes. Deixamos de ser simples espectador*s para somerxernos na trama, nas rúas, nas paisaxes, nas emocións, na intriga.  Ler fai que vivamos máis vidas que unha. E se o compartimos?