Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

Día da poesía

Como hoxe é o Día da Poesía, non queremos deixar pasar a ocasión para compartir con vós a beleza e maxia que os versos poden traer neles a quen os le, e para animarvos (se non sodes afeccionados a eles xa) a achegarvos ao poema sen medo nin timidez.  E para que vaiades perdendo a vergonza, eis un poema de W. Szymborska: MAPA Plano como la mesa Sobre la que se extiende. Bajo él nada se mueve Ni busca una salida. Sobre él mi humano aliento No crea remolinos de aire Y deja en paz Toda su superficie. Sus llanuras y valles siempre son verdes, Sus mesetas y montes, amarillos y ocres, Y los mares y océanos de un azul amigable En sus desgarradas orillas. Aquí todo es pequeño, cercano y accesible. Puedo con el filo de la uña aplastar los volcanes, Acariciar los polos sin gruesos guantes; Puedo con una mirada Abarcar cualquier desierto Junto a un río que está justo ahí al lado. Las selvas están marcadas con algunos arbolitos Entre los que

Comezamos!

O venres pasado deron comezo os clubs de lectura. Presentámonos e falamos un pouquiño sobre o que faremos ata xuño. Puxémonos mans á obra e construímos os nosos propios cadernos de lectura, que quedaron chulísimos. Tamén, cadaquen levou o seu primeiro exemplar para ler na casa:  - as peques marcharon moi contentas cun "La maravillosa medicina de Jorge" de Roald Dahl debaixo do brazo. -as adultas, satisfeitas coa elección do "Ensayo sobre la ceguera" de José Saramago. Aínda non podemos dicir nada sobre o grupo de xuvenil: agardamos que perdades a vergonza axiña e vos animedes a ler connosco... Non tardedes!  Para os outros grupos, infantil e adulto, sabede que o prazo de inscrición tamén segue aberto :)  A nosa próxima cita será o vindeiro xoves 17 de marzo, con dous obradoiros moi interesantes e animados: coas peques cociñaremos un relato seguindo as instrucións da nosa propia "Receta para guisar ben un cont

Xa só falta un día...

Que ilusión!  Mañá venres pola tarde, a iso da hora da merenda, teremos a primeira reunión dos clubs de lectura e contamos con vós para celebralo. Para que vos vaiades facendo unha idea de cales serán os protas da nosa reunión, deixámosvos aquí unhas pistas... Para os máis peques, unha de potingues caseiros miragreiros... Para vós, mozas e mozos,  que vos atrae o misterio e o terror... E para quen,  xa adultos, reflexionades sobre o mundo que nos rodea... Destes co autor ou título de cada imaxe? Mañá ás 17.30h na Casa das Letras desvelamos a resposta.