Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2016

De pesadelos e ratos e prensas hidráulicas...

O pasado xoves tivemos xa a terceira reunión dos nosos clubs de lectura.  Na reunión do club infantil ,  coa axuda de "O meu pesadelo favorito" (de María Solar) falamos de pesadelos, dos nosos pesadelos favoritos e dos menos favoritos,  e demos forma aos nosos propios monstros con botellas de plástico, cartolina de cores e fíos de la. Creamos a súa pequena historia, démoslle nome e monstrosos superpoderes. No club adulto , Hrabal e a súa descarnada historia sobre o vello Hant'a e a súa prensa hidráulica na Praga da posguerra (en "Unha soidade demasiado ruidosa" ), acompañados dunha breve selección de pezas dalgúns dos máis salientables compositores checos do século XIX e XX, servíronos de inspiración para unha interesante e moi colorida sesión de arteterapia colectiva. O resultado: un chulísimo mural cheo de cor e movemento. Por se tamén vós vos animades dende a casa a experimentar coas emocións da música e a cor, deixámosvos aquí o