Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2017

Marzo de Poesía e cores...

Nas nosas reunións lectoras, a imaxinación é a chave . A Casa das Letras énchese de cores e de ledicia, de reflexións e de conversas.  De aroma a té.  Tamén, de novas e novos membros (o pasado sábado 11, estreamos dous grupos: Primeir@s Lector@s e Xuvenil) a quen damos unha calorosa benvida a esta familia que medra e medra!  E é que xuntarnos arredor dos libros é unha experiencia grata e chea de vida .  Así, no grupo de INFANTIL , falamos sobre a Diversidade, sobre como colaborar nos achega e nos une, e que todos os puntos de vista son importantes para debatir e construír.  E para iso, guiámonos pola fabulosa historia dos Sete Ratos Cegos , de Ed Young. E mentres conversamos, creamos un novo arco-da-vella  de animaliños e criaturas cas nosas máscaras de pratos de papel... O grupo de ADULTAS achégase este mes ás obras de dúas poetas galardoadas co noso "Avelina Valladares":   Silvia Penas  e o seu "Diario de ladras, bailarina

Lecturas novas nos gromos

Ola de novo, lector@s! Despois do parón de inverno, o club de lectura volve de novo á carga. Este ano regresamos cheas de novidades, con grupos novos para que todas e todos poidades desfrutar da nosa actividade (dende os 6 aos 100 anos, ou máis!) e que, así, ninguén quede fóra da Casa das Letras.   A semana pasada tivemos a primeira reunión deste curso, na que falamos sobre as lecturas que trae esta primavera nos seus abrollos e fixamos as datas nas que, dende hoxe e ata finais de Xuño, iremos descubrindo cada un dos libros que nos acompañarán nestes meses.  Para quen aínda non vos asomastes ao limiar da nosa Casa e tedes curiosidade por ver que é o que facemos con tanta páxina e palabras e letras en rebumbio, deixámosvos este breve resume  do ano pasado en imaxes. Tamén, saímos na prensa! cadrando co inicio das reunións.  No Faro de Vigo contan que... El Club de Lectura de A Estrada crea dos nuevos grupos para primeros lectores y jóve