Saltar ao contido principal

Primeiros pasos

Xa quedan só catro días para que dean comenzo os clubs de lectura. Reunirémonos o venres día 4 de Marzo pola tarde, por volta das 17.30h, na Casa das Letras para conversar un anaco e coñecernos. Pero ata entón, supoñemos que teredes un montón de preguntas sobre como poder participar, cales son as datas e horarios das sesións, os libros e actividades que se propoñerán cada mes...

Non vos preocupedes. Aquí vos van algunhas respostas.

1. En primeiro lugar, a idade mínima para ser membro dos clubs é 8 anos. Non hai idade máxima. Segundo isto, debedes escoller entre o club de lectura ao que pertencedes e que pode ser o club infantil (de 8 a 11 anos), o club xuvenil (de 12 a 15 anos) ou o club adulto (de 16 anos en diante). 

2. Decidido xa o grupo no que apuntarvos, debedes solicitar a vosa praza para poder participar como membros. Para iso, deberedes encher a ficha de inscrición que atoparedes no Departamento de Cultura do Concello, onde tamén recollerán o voso impreso e tomarán nota dos vosos datos. Lembrade que os grupos teñen un número limitado de participantes!

3. O venres día 4 de Marzo, na nosa primeira xuntanza, darémosvos pistas sobre os libros e autor*s que imos ler e entregarémosvos un calendario para que saibades que días e en que horario terán lugar as reunións dos clubs. Ide reservando as tardes do primeiro e terceiro xoves de cada mes! 

4. Cada libro leva consigo un obradoiro: queremos que traballedes a vosa creatividade! Falaremos sobre eles tamén na presentación do vindeiro venres: en que van consistir, os materiais que serán necesarios, ...


...Resumindo:

* Idade mínima: 8 anos.
* Tres grupos de lectura: infantil (8 a 11 anos), xuvenil (12 a 15 anos) e adulto (16 anos en diante).
* Número limitado de participantes: 12 para o club infantil, 15 para os clubs xuvenil e adulto. 
* Reserva de praza e inscripción no Departamento de Cultura do Concello.
* Primeira sesión: venres 4 de Marzo ás 17.30h na Casa das Letras.


Para quen non poidades achegarvos á primeira xornada pero xa tedes a vosa praza nos clubs, ou para quen si viñestes pero vos xurdiu algunha dúbida no camiño á casa,  non vos preocupedes. Podedes enviar un correo coas vosas preguntas ao noso e-mail lendo.aestrada@gmail.com e responderémosvos coa maior brevidade posible.


Vémonos o venres, entón?


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Orballo - Gaiola: III Festa das Palabras

Cando a semente das palabras aniña en nós, a raizame esténdese e conéctanos cos demáis e co mundo.  O pasado xoves, na III Festa das Palabras , entregáronse os premios do xa III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos , fabulosa iniciativa que levan adiante os centros de ensino da nosa vila, baixo a coordinación de Dinamizaestrada . Dende a Casa das Letras non queremos deixar pasar a ocasión de felicitar a tod@s @s premiad@s, sobre todo a quen formades parte do Club de Lectura Infantil. Moitos parabéns!   Yanira , Dario e Sole :) Deixamos aquí os enlaces das notas de prensa sobre o evento: en La Voz de Galicia -  http://ow.ly/fKDJ300HaEw no Faro de Vigo -  http://ow.ly/Q5EP300HaGt

O fantástico mundo dos papacalcetíns e o inquedante imaxinario de Roald Dahl

Así comeza a historia deses pobres milleiros de calcetíns que cada día desaparecen das nosas casas, das casas de todo o mundo. E así é tamén como Pavel Srut nos pón sobre a pista dos Papacalcetíns, os responsables de todo ese desbaraxuste.  Como boas e bos investigadores,  e seguíndolle o rastro a estes fascinantes seres, creamos os nosos propios monicreques cos calcetíns que quedaron soíños nos caixóns das nosas mesiñas de noite... No grupo de adultas, un sinxelo obradoiro de repostería creativa serviunos de complemento para adentrarnos no inquedante imaxinario de Roald Dahl e os seus "Relatos de lo Inesperado". A linguaxe directa, a forza das tramas e o insospeitable dos finais converten este libro no aliado perfecto contra o aburrimento. Para quen aínda non coñezades a Dahl como narrador para adultos, aí vos deixamos o booktrailer de "La Cata" , da editora Nórdica Libros. Queredes saber que nos esper...

Comezamos!

O venres pasado deron comezo os clubs de lectura. Presentámonos e falamos un pouquiño sobre o que faremos ata xuño. Puxémonos mans á obra e construímos os nosos propios cadernos de lectura, que quedaron chulísimos. Tamén, cadaquen levou o seu primeiro exemplar para ler na casa:  - as peques marcharon moi contentas cun "La maravillosa medicina de Jorge" de Roald Dahl debaixo do brazo. -as adultas, satisfeitas coa elección do "Ensayo sobre la ceguera" de José Saramago. Aínda non podemos dicir nada sobre o grupo de xuvenil: agardamos que perdades a vergonza axiña e vos animedes a ler connosco... Non tardedes!  Para os outros grupos, infantil e adulto, sabede que o prazo de inscrición tamén segue aberto :)  A nosa próxima cita será o vindeiro xoves 17 de marzo, con dous obradoiros moi interesantes e animados: coas peques cociñaremos un relato seguindo as instrucións da nosa propia "Receta para guisar ben un cont...