Saltar ao contido principal

O fantástico mundo dos papacalcetíns e o inquedante imaxinario de Roald Dahl


Así comeza a historia deses pobres milleiros de calcetíns que cada día desaparecen das nosas casas, das casas de todo o mundo. E así é tamén como Pavel Srut nos pón sobre a pista dos Papacalcetíns, os responsables de todo ese desbaraxuste. 

Como boas e bos investigadores,  e seguíndolle o rastro a estes fascinantes seres, creamos os nosos propios monicreques cos calcetíns que quedaron soíños nos caixóns das nosas mesiñas de noite...







No grupo de adultas, un sinxelo obradoiro de repostería creativa serviunos de complemento para adentrarnos no inquedante imaxinario de Roald Dahl e os seus "Relatos de lo Inesperado". A linguaxe directa, a forza das tramas e o insospeitable dos finais converten este libro no aliado perfecto contra o aburrimento.








Para quen aínda non coñezades a Dahl como narrador para adultos, aí vos deixamos o booktrailer de "La Cata", da editora Nórdica Libros.




Queredes saber que nos espera na seguinte sesión?

*No Club Infantil, descubriremos o fantástico e gótico mundo de "Escarlatina, a cociñeira defunta", de Ledicia Costas

*No Club Adulto, Yasunari Kawabata e a súa "A casa das belas adormentadas" adentraránnos no universo sensorial da literatura xaponesa



Animádesvos a acompañarnos na lectura?



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Orballo - Gaiola: III Festa das Palabras

Cando a semente das palabras aniña en nós, a raizame esténdese e conéctanos cos demáis e co mundo.  O pasado xoves, na III Festa das Palabras , entregáronse os premios do xa III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos , fabulosa iniciativa que levan adiante os centros de ensino da nosa vila, baixo a coordinación de Dinamizaestrada . Dende a Casa das Letras non queremos deixar pasar a ocasión de felicitar a tod@s @s premiad@s, sobre todo a quen formades parte do Club de Lectura Infantil. Moitos parabéns!   Yanira , Dario e Sole :) Deixamos aquí os enlaces das notas de prensa sobre o evento: en La Voz de Galicia -  http://ow.ly/fKDJ300HaEw no Faro de Vigo -  http://ow.ly/Q5EP300HaGt

Xa só falta un día...

Que ilusión!  Mañá venres pola tarde, a iso da hora da merenda, teremos a primeira reunión dos clubs de lectura e contamos con vós para celebralo. Para que vos vaiades facendo unha idea de cales serán os protas da nosa reunión, deixámosvos aquí unhas pistas... Para os máis peques, unha de potingues caseiros miragreiros... Para vós, mozas e mozos,  que vos atrae o misterio e o terror... E para quen,  xa adultos, reflexionades sobre o mundo que nos rodea... Destes co autor ou título de cada imaxe? Mañá ás 17.30h na Casa das Letras desvelamos a resposta.

Un serán de cores e poesía

Onte tivemos, de novo, a nosa xa habitual sesión quincenal dos clubs de lectura infantil e adulto  na Casa das Letras e foi moi entretida, creativa e chea de cor. Coa axuda inspiradora de Escarlatina, Román e Dodoto, deseñamos as nosas propias camisetas e creamos verdadeiras obras de arte!  Falamos sobre unha morea de cousas interesantes: sobre a perda dun ser querido, sobre a cociña e  as larpeiradas, sobre o malo que é iso de meter ao gato na lavadora, sobre os amuletos da sorte e das carreiras no Inframundo, que son algo emocionantísimo no que todas e todos queremos participar. Tamén houbo tempo para a poesía, e decidimos encher todo de confetti de versos e salpicalos polas follas de cores para compoñer os nosos textos.  Chus Pato, Rosa Enríquez, Elvira Ribeiro, Silvia Penas, Lois Pereiro e Elías Knörr acompañáronos coa palabra e animaron este serán de chuvia incesante. Na nosa próxima xuntanza, o lirismo de Kawabata e as disparat...