Saltar ao contido principal

De pesadelos e ratos e prensas hidráulicas...

O pasado xoves tivemos xa a terceira reunión dos nosos clubs de lectura. 

Na reunión do club infantil,  coa axuda de "O meu pesadelo favorito" (de María Solar) falamos de pesadelos, dos nosos pesadelos favoritos e dos menos favoritos,  e demos forma aos nosos propios monstros con botellas de plástico, cartolina de cores e fíos de la. Creamos a súa pequena historia, démoslle nome e monstrosos superpoderes.





No club adulto, Hrabal e a súa descarnada historia sobre o vello Hant'a e a súa prensa hidráulica na Praga da posguerra (en "Unha soidade demasiado ruidosa"), acompañados dunha breve selección de pezas dalgúns dos máis salientables compositores checos do século XIX e XX, servíronos de inspiración para unha interesante e moi colorida sesión de arteterapia colectiva. O resultado: un chulísimo mural cheo de cor e movemento.


Por se tamén vós vos animades dende a casa a experimentar coas emocións da música e a cor, deixámosvos aquí o enlace para a lista de reproducción aloxada en Spotify.  



Agora, esperamos impacientes á seguinte data de xuntanza, na que indagaremos sobre o misteriosísismo misterio dos Papacalcetíns...  


... e deixaremos que o noso nariz se sorprenda cos olores que Süskind crea e recrea para nós entre as páxinas do seu "O Perfume".






Para quen aínda non fixestes a vosa inscrición, sabede que podedes facelo cubrindo e entregando a folla cos vosos datos no Departamento de Cultura do Concello... Tamén, podedes escribirnos e consultarnos calquera dúbida ao noso correo lendo.aestrada@gmail.com .


Esperámosvos, logo, a todas e todos o próximo 14 de Abril na Casa das Letras!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Orballo - Gaiola: III Festa das Palabras

Cando a semente das palabras aniña en nós, a raizame esténdese e conéctanos cos demáis e co mundo.  O pasado xoves, na III Festa das Palabras , entregáronse os premios do xa III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos , fabulosa iniciativa que levan adiante os centros de ensino da nosa vila, baixo a coordinación de Dinamizaestrada . Dende a Casa das Letras non queremos deixar pasar a ocasión de felicitar a tod@s @s premiad@s, sobre todo a quen formades parte do Club de Lectura Infantil. Moitos parabéns!   Yanira , Dario e Sole :) Deixamos aquí os enlaces das notas de prensa sobre o evento: en La Voz de Galicia -  http://ow.ly/fKDJ300HaEw no Faro de Vigo -  http://ow.ly/Q5EP300HaGt

O fantástico mundo dos papacalcetíns e o inquedante imaxinario de Roald Dahl

Así comeza a historia deses pobres milleiros de calcetíns que cada día desaparecen das nosas casas, das casas de todo o mundo. E así é tamén como Pavel Srut nos pón sobre a pista dos Papacalcetíns, os responsables de todo ese desbaraxuste.  Como boas e bos investigadores,  e seguíndolle o rastro a estes fascinantes seres, creamos os nosos propios monicreques cos calcetíns que quedaron soíños nos caixóns das nosas mesiñas de noite... No grupo de adultas, un sinxelo obradoiro de repostería creativa serviunos de complemento para adentrarnos no inquedante imaxinario de Roald Dahl e os seus "Relatos de lo Inesperado". A linguaxe directa, a forza das tramas e o insospeitable dos finais converten este libro no aliado perfecto contra o aburrimento. Para quen aínda non coñezades a Dahl como narrador para adultos, aí vos deixamos o booktrailer de "La Cata" , da editora Nórdica Libros. Queredes saber que nos esper...

Comezamos!

O venres pasado deron comezo os clubs de lectura. Presentámonos e falamos un pouquiño sobre o que faremos ata xuño. Puxémonos mans á obra e construímos os nosos propios cadernos de lectura, que quedaron chulísimos. Tamén, cadaquen levou o seu primeiro exemplar para ler na casa:  - as peques marcharon moi contentas cun "La maravillosa medicina de Jorge" de Roald Dahl debaixo do brazo. -as adultas, satisfeitas coa elección do "Ensayo sobre la ceguera" de José Saramago. Aínda non podemos dicir nada sobre o grupo de xuvenil: agardamos que perdades a vergonza axiña e vos animedes a ler connosco... Non tardedes!  Para os outros grupos, infantil e adulto, sabede que o prazo de inscrición tamén segue aberto :)  A nosa próxima cita será o vindeiro xoves 17 de marzo, con dous obradoiros moi interesantes e animados: coas peques cociñaremos un relato seguindo as instrucións da nosa propia "Receta para guisar ben un cont...