Saltar ao contido principal

Libros, sol, cereixas

O xoves pasado tivemos a sesión pre-vacacións de verán nos clubs de lectura. Adultas e peques reunímonos e enredamos arredor dos contos clásicos, dalgunhas das súas versións máis disparatadas e divertidas, e decidimos reescribir algún novo final para os Contos para Xogar de G. Rodari.


"En efecto, del cielo azul caía una lluvia de sombreros. No un solo sombrero, que podía estar arrastrando el viento de un lado para otro. No sólo dos sombreros que podían haberse caído de un alféizar. Eran cien, mil, diez mil sombreros los que descendían del cielo ondeando. Sombreros de hombre, sombreros de mujer, sombreros con pluma, sombreros con flores, gorras de joquey, gorras de visera, kolbaks de piel, boinas, chapelas, gorros de esquiar... Y después del contable Bianchini y de aquel otro señor, se pararon a mirar al aire muchos otros señores y señoras, también el chico del panadero, y el guardia que dirigía el tráfico en el cruce de la vía Manzoni y la vía Montenapoleone, también el tranviario del tranvía número dieciocho, y el del dieciséis e incluso el del uno... Los tranviarios bajaban del tranvía y miraban al aire y los pasajeros también descendían y todos decían algo:
—¡Qué maravilla!
—¡Parece imposible!
—Pero bueno, será para anunciar magdalenas.
—¿Qué tienen que ver las magdalenas con los sombreros?

—Entonces será para hacer propaganda del turrón."




Como non podía ser doutra maneira, fixemos entrega dos diplomas de superlectoras e superlectores a cada membro dos clubs...




E despedímonos ata a volta con moita ilusión e algo de pena, porque o pasamos moi ben ENTRELIBROS, que é o nome que decidimos entre tod@s para o noso club infantil de lectura.

Se aínda non es membro, se queres selo ou sabes de alguén que lle gustaría participar, animádevos! Só tedes que cubrir o voso boletín de inscrición, que podedes solicitar na Biblioteca ou no Departamento de Cultura do Concello, e listo! 



E nós, ben contentos, esperámosvos, coma sempre, na Casa das Letras. Non tardedes!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Orballo - Gaiola: III Festa das Palabras

Cando a semente das palabras aniña en nós, a raizame esténdese e conéctanos cos demáis e co mundo.  O pasado xoves, na III Festa das Palabras , entregáronse os premios do xa III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos , fabulosa iniciativa que levan adiante os centros de ensino da nosa vila, baixo a coordinación de Dinamizaestrada . Dende a Casa das Letras non queremos deixar pasar a ocasión de felicitar a tod@s @s premiad@s, sobre todo a quen formades parte do Club de Lectura Infantil. Moitos parabéns!   Yanira , Dario e Sole :) Deixamos aquí os enlaces das notas de prensa sobre o evento: en La Voz de Galicia -  http://ow.ly/fKDJ300HaEw no Faro de Vigo -  http://ow.ly/Q5EP300HaGt

O fantástico mundo dos papacalcetíns e o inquedante imaxinario de Roald Dahl

Así comeza a historia deses pobres milleiros de calcetíns que cada día desaparecen das nosas casas, das casas de todo o mundo. E así é tamén como Pavel Srut nos pón sobre a pista dos Papacalcetíns, os responsables de todo ese desbaraxuste.  Como boas e bos investigadores,  e seguíndolle o rastro a estes fascinantes seres, creamos os nosos propios monicreques cos calcetíns que quedaron soíños nos caixóns das nosas mesiñas de noite... No grupo de adultas, un sinxelo obradoiro de repostería creativa serviunos de complemento para adentrarnos no inquedante imaxinario de Roald Dahl e os seus "Relatos de lo Inesperado". A linguaxe directa, a forza das tramas e o insospeitable dos finais converten este libro no aliado perfecto contra o aburrimento. Para quen aínda non coñezades a Dahl como narrador para adultos, aí vos deixamos o booktrailer de "La Cata" , da editora Nórdica Libros. Queredes saber que nos esper...

Comezamos!

O venres pasado deron comezo os clubs de lectura. Presentámonos e falamos un pouquiño sobre o que faremos ata xuño. Puxémonos mans á obra e construímos os nosos propios cadernos de lectura, que quedaron chulísimos. Tamén, cadaquen levou o seu primeiro exemplar para ler na casa:  - as peques marcharon moi contentas cun "La maravillosa medicina de Jorge" de Roald Dahl debaixo do brazo. -as adultas, satisfeitas coa elección do "Ensayo sobre la ceguera" de José Saramago. Aínda non podemos dicir nada sobre o grupo de xuvenil: agardamos que perdades a vergonza axiña e vos animedes a ler connosco... Non tardedes!  Para os outros grupos, infantil e adulto, sabede que o prazo de inscrición tamén segue aberto :)  A nosa próxima cita será o vindeiro xoves 17 de marzo, con dous obradoiros moi interesantes e animados: coas peques cociñaremos un relato seguindo as instrucións da nosa propia "Receta para guisar ben un cont...