Saltar ao contido principal

Xa só falta un día...

Que ilusión! 
Mañá venres pola tarde, a iso da hora da merenda, teremos a primeira reunión dos clubs de lectura e contamos con vós para celebralo.

Para que vos vaiades facendo unha idea de cales serán os protas da nosa reunión, deixámosvos aquí unhas pistas...



Para os máis peques, unha de potingues caseiros miragreiros...




Para vós, mozas e mozos,  que vos atrae o misterio e o terror...




E para quen,  xa adultos, reflexionades sobre o mundo que nos rodea...




Destes co autor ou título de cada imaxe?
Mañá ás 17.30h na Casa das Letras desvelamos a resposta.

Comentarios

  1. Bo día, os clubs de lectura xa están pechados? Eu estaría interesad en anotarme pero como estou un pouco liada non me podería incorporar xa. Gustaríame participar nesta gran iniciativa que busca facer soñar a grandes e pequenos. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Minerva, se nos facilitas un correo electrónico, contámosche todo o que nos preguntas ;) Ou, se nos queres escribir ti, podes facelo ao enderezo lendo.aestrada@gmail.com.

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Comezar (de novo) no outono

No Club de Lectura, non podemos estar máis contentas este ano.  A semana pasada deron comezo as nosas reunións e vimos cargadas de novas propostas e ideas para que este curso 2018-2019 sexa ben proveitoso para as nosas incansables lectoras, grandes e non-tan-grandes-aínda.  No curso pasado, falamos sobre a guerra, sobre os mundos máis incribles e disparatados, sobre a vida das mulleres.  Lemos novela, banda deseñada, ensaio, poesía,... Falamos sobre os nosos libros favoritos, estrenándonos como locutoras intrépidas na Radio Estrada. Recibimos visitas ben agradables, con petiscos incluídos, e descubrimos o fabuloso universo dos xogos de taboleiro... E que nos espera este outono? Novos talleres, novas lecturas, o Vermú Lector, o noso té das cinco, novas visitas inesperadas e actividades ben interesantes nas que participar todas ao longo do calendario... E ti, que aínda non participas no Club... De verdade cres que ler é aburrido? 

O fantástico mundo dos papacalcetíns e o inquedante imaxinario de Roald Dahl

Así comeza a historia deses pobres milleiros de calcetíns que cada día desaparecen das nosas casas, das casas de todo o mundo. E así é tamén como Pavel Srut nos pón sobre a pista dos Papacalcetíns, os responsables de todo ese desbaraxuste.  Como boas e bos investigadores,  e seguíndolle o rastro a estes fascinantes seres, creamos os nosos propios monicreques cos calcetíns que quedaron soíños nos caixóns das nosas mesiñas de noite... No grupo de adultas, un sinxelo obradoiro de repostería creativa serviunos de complemento para adentrarnos no inquedante imaxinario de Roald Dahl e os seus "Relatos de lo Inesperado". A linguaxe directa, a forza das tramas e o insospeitable dos finais converten este libro no aliado perfecto contra o aburrimento. Para quen aínda non coñezades a Dahl como narrador para adultos, aí vos deixamos o booktrailer de "La Cata" , da editora Nórdica Libros. Queredes saber que nos esper

Un serán de cores e poesía

Onte tivemos, de novo, a nosa xa habitual sesión quincenal dos clubs de lectura infantil e adulto  na Casa das Letras e foi moi entretida, creativa e chea de cor. Coa axuda inspiradora de Escarlatina, Román e Dodoto, deseñamos as nosas propias camisetas e creamos verdadeiras obras de arte!  Falamos sobre unha morea de cousas interesantes: sobre a perda dun ser querido, sobre a cociña e  as larpeiradas, sobre o malo que é iso de meter ao gato na lavadora, sobre os amuletos da sorte e das carreiras no Inframundo, que son algo emocionantísimo no que todas e todos queremos participar. Tamén houbo tempo para a poesía, e decidimos encher todo de confetti de versos e salpicalos polas follas de cores para compoñer os nosos textos.  Chus Pato, Rosa Enríquez, Elvira Ribeiro, Silvia Penas, Lois Pereiro e Elías Knörr acompañáronos coa palabra e animaron este serán de chuvia incesante. Na nosa próxima xuntanza, o lirismo de Kawabata e as disparatadas (per)versións