Saltar ao contido principal

Un serán de cores e poesía

Onte tivemos, de novo, a nosa xa habitual sesión quincenal dos clubs de lectura infantil e adulto  na Casa das Letras e foi moi entretida, creativa e chea de cor.

Coa axuda inspiradora de Escarlatina, Román e Dodoto, deseñamos as nosas propias camisetas e creamos verdadeiras obras de arte! 




Falamos sobre unha morea de cousas interesantes: sobre a perda dun ser querido, sobre a cociña e  as larpeiradas, sobre o malo que é iso de meter ao gato na lavadora, sobre os amuletos da sorte e das carreiras no Inframundo, que son algo emocionantísimo no que todas e todos queremos participar.


Tamén houbo tempo para a poesía, e decidimos encher todo de confetti de versos e salpicalos polas follas de cores para compoñer os nosos textos.  Chus Pato, Rosa Enríquez, Elvira Ribeiro, Silvia Penas, Lois Pereiro e Elías Knörr acompañáronos coa palabra e animaron este serán de chuvia incesante.




Na nosa próxima xuntanza, o lirismo de Kawabata e as disparatadas (per)versións dos contos clásicos de Roald Dahl acompañaránnos. 

Farálo ti tamén?

Agardámoste na Casa das Letras!








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Orballo - Gaiola: III Festa das Palabras

Cando a semente das palabras aniña en nós, a raizame esténdese e conéctanos cos demáis e co mundo.  O pasado xoves, na III Festa das Palabras , entregáronse os premios do xa III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos , fabulosa iniciativa que levan adiante os centros de ensino da nosa vila, baixo a coordinación de Dinamizaestrada . Dende a Casa das Letras non queremos deixar pasar a ocasión de felicitar a tod@s @s premiad@s, sobre todo a quen formades parte do Club de Lectura Infantil. Moitos parabéns!   Yanira , Dario e Sole :) Deixamos aquí os enlaces das notas de prensa sobre o evento: en La Voz de Galicia -  http://ow.ly/fKDJ300HaEw no Faro de Vigo -  http://ow.ly/Q5EP300HaGt

O fantástico mundo dos papacalcetíns e o inquedante imaxinario de Roald Dahl

Así comeza a historia deses pobres milleiros de calcetíns que cada día desaparecen das nosas casas, das casas de todo o mundo. E así é tamén como Pavel Srut nos pón sobre a pista dos Papacalcetíns, os responsables de todo ese desbaraxuste.  Como boas e bos investigadores,  e seguíndolle o rastro a estes fascinantes seres, creamos os nosos propios monicreques cos calcetíns que quedaron soíños nos caixóns das nosas mesiñas de noite... No grupo de adultas, un sinxelo obradoiro de repostería creativa serviunos de complemento para adentrarnos no inquedante imaxinario de Roald Dahl e os seus "Relatos de lo Inesperado". A linguaxe directa, a forza das tramas e o insospeitable dos finais converten este libro no aliado perfecto contra o aburrimento. Para quen aínda non coñezades a Dahl como narrador para adultos, aí vos deixamos o booktrailer de "La Cata" , da editora Nórdica Libros. Queredes saber que nos esper...

Comezamos!

O venres pasado deron comezo os clubs de lectura. Presentámonos e falamos un pouquiño sobre o que faremos ata xuño. Puxémonos mans á obra e construímos os nosos propios cadernos de lectura, que quedaron chulísimos. Tamén, cadaquen levou o seu primeiro exemplar para ler na casa:  - as peques marcharon moi contentas cun "La maravillosa medicina de Jorge" de Roald Dahl debaixo do brazo. -as adultas, satisfeitas coa elección do "Ensayo sobre la ceguera" de José Saramago. Aínda non podemos dicir nada sobre o grupo de xuvenil: agardamos que perdades a vergonza axiña e vos animedes a ler connosco... Non tardedes!  Para os outros grupos, infantil e adulto, sabede que o prazo de inscrición tamén segue aberto :)  A nosa próxima cita será o vindeiro xoves 17 de marzo, con dous obradoiros moi interesantes e animados: coas peques cociñaremos un relato seguindo as instrucións da nosa propia "Receta para guisar ben un cont...