Saltar ao contido principal

Lecturas novas nos gromos

Ola de novo, lector@s!

Despois do parón de inverno, o club de lectura volve de novo á carga. Este ano regresamos cheas de novidades, con grupos novos para que todas e todos poidades desfrutar da nosa actividade (dende os 6 aos 100 anos, ou máis!) e que, así, ninguén quede fóra da Casa das Letras.  

A semana pasada tivemos a primeira reunión deste curso, na que falamos sobre as lecturas que trae esta primavera nos seus abrollos e fixamos as datas nas que, dende hoxe e ata finais de Xuño, iremos descubrindo cada un dos libros que nos acompañarán nestes meses. 

Para quen aínda non vos asomastes ao limiar da nosa Casa e tedes curiosidade por ver que é o que facemos con tanta páxina e palabras e letras en rebumbio, deixámosvos este breve resume  do ano pasado en imaxes.









Tamén, saímos na prensa! cadrando co inicio das reunións. 

No Faro de Vigo contan que...




El Club de Lectura de A Estrada crea dos nuevos grupos para primeros lectores y jóvenes  






E, dende La Voz de Galicia, envíanos esta foto



Aquel@s que esteades interesad@s en formar parte dos clubs este ano, podedes cubrir a vosa folla de inscrición no despacho de Cultura, na Casa do Concello... Ou facernos unha visita! os xoves (16 a 21.30h) ou os sábados (10 a 13h), seguindo este calendario tan chulo.




Calendario Sesións Marzo


Esperámosvos!!










Comentarios

Publicacións populares deste blog

Orballo - Gaiola: III Festa das Palabras

Cando a semente das palabras aniña en nós, a raizame esténdese e conéctanos cos demáis e co mundo.  O pasado xoves, na III Festa das Palabras , entregáronse os premios do xa III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos , fabulosa iniciativa que levan adiante os centros de ensino da nosa vila, baixo a coordinación de Dinamizaestrada . Dende a Casa das Letras non queremos deixar pasar a ocasión de felicitar a tod@s @s premiad@s, sobre todo a quen formades parte do Club de Lectura Infantil. Moitos parabéns!   Yanira , Dario e Sole :) Deixamos aquí os enlaces das notas de prensa sobre o evento: en La Voz de Galicia -  http://ow.ly/fKDJ300HaEw no Faro de Vigo -  http://ow.ly/Q5EP300HaGt

Xa só falta un día...

Que ilusión!  Mañá venres pola tarde, a iso da hora da merenda, teremos a primeira reunión dos clubs de lectura e contamos con vós para celebralo. Para que vos vaiades facendo unha idea de cales serán os protas da nosa reunión, deixámosvos aquí unhas pistas... Para os máis peques, unha de potingues caseiros miragreiros... Para vós, mozas e mozos,  que vos atrae o misterio e o terror... E para quen,  xa adultos, reflexionades sobre o mundo que nos rodea... Destes co autor ou título de cada imaxe? Mañá ás 17.30h na Casa das Letras desvelamos a resposta.

Un serán de cores e poesía

Onte tivemos, de novo, a nosa xa habitual sesión quincenal dos clubs de lectura infantil e adulto  na Casa das Letras e foi moi entretida, creativa e chea de cor. Coa axuda inspiradora de Escarlatina, Román e Dodoto, deseñamos as nosas propias camisetas e creamos verdadeiras obras de arte!  Falamos sobre unha morea de cousas interesantes: sobre a perda dun ser querido, sobre a cociña e  as larpeiradas, sobre o malo que é iso de meter ao gato na lavadora, sobre os amuletos da sorte e das carreiras no Inframundo, que son algo emocionantísimo no que todas e todos queremos participar. Tamén houbo tempo para a poesía, e decidimos encher todo de confetti de versos e salpicalos polas follas de cores para compoñer os nosos textos.  Chus Pato, Rosa Enríquez, Elvira Ribeiro, Silvia Penas, Lois Pereiro e Elías Knörr acompañáronos coa palabra e animaron este serán de chuvia incesante. Na nosa próxima xuntanza, o lirismo de Kawabata e as disparat...