Saltar ao contido principal

Marzo de Poesía e cores...

Nas nosas reunións lectoras, a imaxinación é a chave.

A Casa das Letras énchese de cores e de ledicia, de reflexións e de conversas. 
De aroma a té. 

Tamén, de novas e novos membros (o pasado sábado 11, estreamos dous grupos: Primeir@s Lector@s e Xuvenil) a quen damos unha calorosa benvida a esta familia que medra e medra! 


E é que xuntarnos arredor dos libros é unha experiencia grata e chea de vida


Así, no grupo de INFANTIL, falamos sobre a Diversidade, sobre como colaborar nos achega e nos une, e que todos os puntos de vista son importantes para debatir e construír.  E para iso, guiámonos pola fabulosa historia dos Sete Ratos Cegos, de Ed Young. E mentres conversamos, creamos un novo arco-da-vella  de animaliños e criaturas cas nosas máscaras de pratos de papel...






O grupo de ADULTAS achégase este mes ás obras de dúas poetas galardoadas co noso "Avelina Valladares":  

Silvia Penas e o seu "Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores"


 



e os "Corpos Transitivos" de Elvira Riveiro










Tamén, a encadernación xaponesa deixou de ser un misterio para os membros do club XUVENIL, na súa primeira reunión o sábado 11. E os máis novos, de PRIMEIR@S LECTOR@S, comezaron a dar forma á súa propia granxa de pitiños e criaturas monstrosas cos recipientes amarelos dos kinder, grazas ao papel seda e as pinturas acrílicas: reciclar nunca resultou tan divertido!







Este ano, grazas á iniciativa da Rede de Bibliotecas de Galicia, os clubs contarán cos títulos dispoñibles para préstamo do fondo bibliográfico destinados aos clubs de lectura, o cal nos permite adicar máis recursos a actividades e visitas á Casa das Letras!


Lembrade que o periodo de inscricións para os Clubs non pecha nunca. Sempre estamos encantad@s de recibir nov@s membros!

Para calquera consulta  e solicitude de información, ou para tomar parte nas nosas actividades podedes dirixirvos a nós a través de lendo.aestrada@gmail.com ou no Departamento de Cultura do Concello...





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Orballo - Gaiola: III Festa das Palabras

Cando a semente das palabras aniña en nós, a raizame esténdese e conéctanos cos demáis e co mundo.  O pasado xoves, na III Festa das Palabras , entregáronse os premios do xa III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos , fabulosa iniciativa que levan adiante os centros de ensino da nosa vila, baixo a coordinación de Dinamizaestrada . Dende a Casa das Letras non queremos deixar pasar a ocasión de felicitar a tod@s @s premiad@s, sobre todo a quen formades parte do Club de Lectura Infantil. Moitos parabéns!   Yanira , Dario e Sole :) Deixamos aquí os enlaces das notas de prensa sobre o evento: en La Voz de Galicia -  http://ow.ly/fKDJ300HaEw no Faro de Vigo -  http://ow.ly/Q5EP300HaGt

Xa só falta un día...

Que ilusión!  Mañá venres pola tarde, a iso da hora da merenda, teremos a primeira reunión dos clubs de lectura e contamos con vós para celebralo. Para que vos vaiades facendo unha idea de cales serán os protas da nosa reunión, deixámosvos aquí unhas pistas... Para os máis peques, unha de potingues caseiros miragreiros... Para vós, mozas e mozos,  que vos atrae o misterio e o terror... E para quen,  xa adultos, reflexionades sobre o mundo que nos rodea... Destes co autor ou título de cada imaxe? Mañá ás 17.30h na Casa das Letras desvelamos a resposta.

Un serán de cores e poesía

Onte tivemos, de novo, a nosa xa habitual sesión quincenal dos clubs de lectura infantil e adulto  na Casa das Letras e foi moi entretida, creativa e chea de cor. Coa axuda inspiradora de Escarlatina, Román e Dodoto, deseñamos as nosas propias camisetas e creamos verdadeiras obras de arte!  Falamos sobre unha morea de cousas interesantes: sobre a perda dun ser querido, sobre a cociña e  as larpeiradas, sobre o malo que é iso de meter ao gato na lavadora, sobre os amuletos da sorte e das carreiras no Inframundo, que son algo emocionantísimo no que todas e todos queremos participar. Tamén houbo tempo para a poesía, e decidimos encher todo de confetti de versos e salpicalos polas follas de cores para compoñer os nosos textos.  Chus Pato, Rosa Enríquez, Elvira Ribeiro, Silvia Penas, Lois Pereiro e Elías Knörr acompañáronos coa palabra e animaron este serán de chuvia incesante. Na nosa próxima xuntanza, o lirismo de Kawabata e as disparat...